Son fins da nosa asociación, entroutros:
- A investigación sobre temas relacionados coa sustentabilidade, con especial fincapé nas súas facetas ecolóxica, antropolóxica, social, política, económica, cultural e tecnolóxica.
- A investigación sobre o uso sostible, saudable e democratizador da tecnoloxía no contexto dunha cidadanía responsable.
- A difusión social desas investigacións e, en xeral, das ditas temáticas.
- A promoción social de valores relacionados coa sustentabilidade.
- A educación en torno a ditos valores e á súa aplicación nos diversos ámbitos da vida.
Resumo de actividades relacionadas con esta área
(Pendente de actualizar.)
- 2015: Tradución de guía sobre violencia sexual dixital de castelán a galego, para PantallasAmigas.
- 2014-…: Creación e xestión do servizo LegadoWeb para a conservación indefinida de contidos de interese na WWW.
- 2012: Asesoramento á revista Hincapié para a posta en marcha da súa nova etapa online.
- 2011-2012: Colaboración con PantallasAmigas para a difusión online da cidadanía dixital responsable.
- 2011-2012: Distribución da publicación Rebelaos en diversos lugares das provincias de A Coruña e Bizkaia
(Parte das nosas actividades son realizadas como contribución sen ningunha compensación económica, outras como troco e outras como servizos contratados.)