Son fins da nosa asociación, entroutros:
- A investigación sobre temas relacionados coa sustentabilidade, con especial fincapé nas súas facetas ecolóxica, antropolóxica, social, política, económica, cultural e tecnolóxica.
- A difusión social desas investigacións e, en xeral, das ditas temáticas.
- A promoción social de valores relacionados coa sustentabilidade.
- A educación en torno a ditos valores e á súa aplicación nos diversos ámbitos da vida.
Resumo de actividades relacionadas con esta área
- 2016: Tradución (subtítulos) ao castelán do documental australiano The Simpler Way: Crisis as Opportunity (Happen Films, 2016).
- 2016: Coedición e coordinación editorial do libro “Por que é que a crise non acabará nunca“.
- 2016: Creación e xestión da lista de email Municipeak para cargos municipais concienciados sobre o Peak Oil.
- 2015-2016: Revisión editorial da novela Iv, de temática ecolóxica.
- 2015-2016: Colaboración na distribución en España de El Decrecimiento, número monográfico especial en castelán da revista francesa La Decroissance.
- 2015: Coedición do libro A esquerda ante o colapso da civilización industrial. Creación e xestión do web do libro, de tipo wiki.
- 2015: Participación no curso formativo sobre resiliencia local organizado por Solidaridad Internacional Andalucía.
- 2015: Coordinación e revisión da tradución ao castelán do libro de Ted Trainer The Transition to a Sustainable and Just World.
- 2014-…: Creación, xestión, maquetación e distribución da revista 15/15\15 para unha nova civilización, tanto online como nos seus recopilatorios semestrais impresos, así como do seu nº 0 de presentación.
- 2014-…: Xestión e edición do boletín electrónico aperiódico vencellado co manifesto Derradeira chamada.
- 2014: Creación e coordinación do wiki Municipios pospetróleo.
- 2014: Promoción online do manifesto Derradeira chamada, incluíndo creación do web, deseño do logotipo, xestión e moderación de comentarios de adhesión, presencia en redes sociais, creación e xestión de lista de correo e registro de nome de dominio.
- 2014: Definición e xestión da campaña online #PlasticomedoresNON, incluíndo creación e xestión do blog informativo e redes sociais.
- 2014: Publicación do libro Nosotros, los detritívoros e creación do web asociado.
- 2014: Distribución postal do libro “Guía para o descenso enerxético: Preparando unha Galiza pospetróleo”, editado pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo.
- 2014: Colaboración no texto ¿Cómo pensar las transiciones poscapitalistas? de Óscar Carpintero e Jorge Riechmann para o libro colectivo do GinTRANS2 titulado Los inciertos pasos desde aquí hasta allá: alternativas socioecológicas y transiciones poscapitalistas.
- 2013-2014: Colaboración en contidos, campaña de crowdfunding e distribución do libro “Guía para o descenso enerxético: Preparando unha Galiza pospetróleo”, editado pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo. Creación do web asociado ao proxecto e aloxamento d mesmo.
- 2013-2014: Distribución limitada e gratuíta de exemplares do libro The Transition to a Sustainable and Just World, de Ted Trainer, en España.
- 2013-2014: Renovación do web de Casa Pousadoira.
- 2013: Corrección de subtítulos en portugués do documental END:CIV de Franklin López, para a súa estrea en Galiza.
- 2013: Revisión crítica do libro The Transition to a Sustainable and Just World, de Ted Trainer.
- 2013: Auditoría técnica para a mellora do web da revista Soberanía alimentaria, biodiversidad y culturas.
- 2013: Colaboración con diversos colectivos contrarios ás actividades mineiras contaminantes en GaliI Encontro galego sobre o impacto da minaría, unha revista online de artículos sobre a mina de ouro planeada por Edgewater en Corcoesto para a Plataforma contra o dito proxecto mineiro e asesoramento sobre netiqueta e uso de listas de correo (mailing lists).
- 2012: Auditoría técnica para a mellora do web The Simpler Way, de Ted Trainer.
- 2012-2013: Asesoramento a Casa Pousadoira (Miño, Galicia) para a promoción en Internet dos seus cursos sobre temas de sostibilidade, bioconstrución e agroecoloxía. Asesoramento para a creación do Centro de Resiliencia Pousadoira.
- 2012: Campaña contra as fumigacións con pesticida Cascade previstas en Galicia: xestión de campaña, aloxamento, creación de materiais e outras xestións da campaña online.
- 2011-…: Proxecto Betu de permacultura e vida autosuficiente sen petróleo.
- 2011-…: Creación, aloxamento e xestión da lista de correo Petrocenitales para debate e coordinación entre diversas organizacións que traballan no estudo e divulgación do Cénit do petróleo en España.
- 2011-…: Xestión do agregador de novas sobre o Cénit do petróleo e crises relacionadas Cenit-del-petroleo.info.
- 2012-…: Deseño da moneda complementaria local costavale para a bisbarra da Costa da Morte. Asesoramento e creación do sitio web.
- 2011-…: Colaboración coa Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo na elaboración de contidos, xestión do seu blog, redes sociais, etc.
- 2011: Creación de anexo de referencias bibliográficas para a publicación Plantas y frutos silvestres comestibles de César Lema Costas.
- 2011: Edición electrónica da publicación Arquitectura bioclimática en Galicia de Dolores Lasanta.
(Parte das nosas actividades son realizadas como contribución sen ningunha compensación económica, outras como troco e outras como servizos contratados.)