Description
VV.AA. 2003.
Rústica. 175 págs.
Idiomas: galego, castelán, inglés, portugués.
PVP: 9 → 6 €
Edita: Fillos de Galicia.
Esta escolma non é unha selección de poemas que traten sobre a emigración galega. A nosa intención non foi converter unha determinada temática no eixo ou criterio selectivo da antoloxía, senón as persoas: os e as poetas de expresión galega que viven na diáspora, os poetas galegos do mundo. Moitos dos que recollemos neste libro son poetas descoñecidos, tanto dentro como fóra da Galiza territorial. Outros teñen máis ou menos sona no seu país, e os hai tamén que só son atopables na Rede. Disque somos un pobo que leva a lírica nos xens, que Galiza é un país de poetas: nós queremos amosar que esa lírica non ficou atrás cando parte do país fixo as maletas. Levárona canda eles, porque non se pode deixar atrás aquilo que nos fai ser o que somos. E iso hérdase, trasmítese coma a morriña, dun xeito inexplicable, a aqueles que nunca pisaron a Terra Nai.
Contidos:
- Limiar
- Alfredo Pedro Guisado
- José E. Conde Masdiaz
- Juan Antonio Aguilar Abad
- David Ferreiro Nieto
- Guido Roberto Lanzós
- Fernando Somoza Varela
- Stella Maris Latorre
- Lito Caramés
- Margarida Santos
- Amauta Castro
- Neli Rodríguez
- Manuel Casal Lodeiro
- Enrique Rodríguez Álvarez
- Roberto César Hermida
- Antonio José Francisco Rey
- Leónidas Lúa Lacorme
- Patricia Sanjorge
- Roxelio Diz Fuentes
- David Pereda
- Manuel Diz Ramos
Reviews
There are no reviews yet.