Description
Manuel Casal Lodeiro, 2015.
Rústica. 265 págs.
Idioma: galego.
Prólogo: Teresa Moure.
PVP: 18 → 12 €.
Edita: Touda & Véspera de Nada.
Edición agotada. Existe edición dispoñible en castelán e tamén versión en PDF de balde desta edición orixinal en galego.
Volver á senda do crecemento? Crear emprego para todo o mundo? Manter o Estado do Benestar? Procurar un desenvolvemento sustentable? Este ensaio explica que as pretensións das esquerdas políticas e sociais maioritarias son inviables nun contexto de irremediable colapso civilizatorio. Apenas movementos como o Decrecemento, o Ecosocialismo, o Ecoanarquismo e outros aínda moi minoritarios, son conscientes dese rumbo suicida do que nos vén alertando a ciencia cada vez con máis urxencia. Temos xa moi pouco tempo para evitar un colapso catastrófico, que mesmo pode derivar na extinción da nosa especie.
Este libro é unha chamada urxente para a conversión das esquerdas nunha forza que contribúa a un desenlace alternativo a este brusco devalar: a creación dunha nova civilización moito máis simple, máis local e máis xusta.
Fragmentos, reseñas e máis información en Esquerda.Colapso.info.
Contidos:
- Limiar (Teresa Moure): Decrescimento (também) para marxistas
- Unha esquerda postindustrial?
- Negacionismo e atrancos psicosociais
- A adaptación postindustrial doutras correntes ideolóxicas
- Mutacións do capitalismo moribundo
- Algunhas das propostas políticas máis conscientes do colapso
- Escenarios e estratexias da esquerda fronte ao colapso
- Conclusións: A imprescindible adaptación anticipada das esquerdas
- Anexos:
- Manifesto “Derradeira Chamada”
- Algunhas medidas públicas de mínimos para unha estratexia facilitadora da adaptación social pospetróleo
- Suxestión de autores
- Bibliografía
Reviews
There are no reviews yet.