Desde 2013 a nosa asociación leva ofrecendo, dentro do seu compromiso coas entidades culturales y no lucrativas en Internet, o servizo LegadoWeb, para facilitar a conservación de contidos cultural ou socialmente significativos. Consideramos importante contribuírmos á permanencia do patrimonio dixital xerado por entidades asociativas ou colectivos sociais, habitualmente froito de moitas horas de esforzo e dedicación voluntaria e mesmo con investimento económico, sempre difícil nas organizaciones do Terceiro Sector, para a creación de webs. En demasiadas ocasións a desaparición das asociacións, o final dos colectivos, supón a desaparición da WWW do valioso contido e coñecemento xerado ao longo dos anos.
En coherencia cos nosos valores, desde Touda ofrecemos ás entidades a posibilidade de conservar por un periodo de tempo indefinido (“tanto tempo coma Touda continúe a existir e a dispor dun servidor web”), de maneira estática (non actualizable) os contidos dos seus webs.
Dentro do noso servizo LegadoWeb incluímos o traslado e adaptación, se for precisa, dos webs, a un directorio dentro do dominio LegadoWeb.com, asemade do redireccionamiento máis conveniente desde a anterior localización dos contenidos, mapeando todas as páxinas, á súa nova localización. O custe deste servizo, dado que habitualmente se solicita cando as entidades xa decidiron o cese da súa actividade, non pode ser outro ca un prezo libre: cada entidade paga o que pode, nun único pagamento, tomando como referencia as tarifas de hosting vixentes en cada momento para a nosa clientela.
Na actualidade preservamos os legatos dos seguintes webs:
- Soc.Culture.Galiza (desde setembro de 2013).
- A Sementeira 🔒 (desde febreiro de 2014?)
- Etiquetal (desde marzo de 2015?)
- Rede Anticapitalista Galega (desde marzo de 2015)
- V de Vendetta, A de Anarquía (desde marzo de 2016).
- A Parcelaria virtual pola cultura galega (desde xaneiro de 2017).
- Fumigacións NON (desde decembro de 2022)
Se á túa entidad lle interesa solicitar este servizo, podedes contactar connosco por medio das canles habituais.
Financiamento
Malia solicitarmos ás entidades e persoas que nos entregan os seus conteidos para o seu arquivo que fagan unha achega económica única, moitas delas non están en condicións de facelas ou as cantidades non alcanzan para cubrir custos anuais de manter o servizo activo e as súas páxinas dispoñibles.
Por isto, solicitamos doazóns a calquera persoa que queira contribuír a financiar esta preservación de webs con valor histórico ou cultural. Mediante o servizo LiberaPay poden achegar unha cantidade periódica á nosa asociación para nos axudar a custear LegadoWeb:
Outros servizos de arquivo
Con independencia de que se pretenda facer uso do noso servizo agora ou no futuro, aconsellamos a todas as entidades e particulares que comuniquen o enderezo dos seus webs ao servizo WayBackMachine do Internet Archive, para esta entidade non lucrativa se encargar periodicamente de facer e arquivar unha copia dos mesmos.
A redundancia sempre achega resiliencia.
