A Asociación Touda conta con profesionais con 30 anos de experiencia en moi diversos campos de Internet, durante os cales traballaron asesorando máis de 100 proxectos, tanto comerciais coma non lucrativos.
Se precisas axuda ou orientación para o teu proxecto en Internet, podemos ofrecerche esa experiencia na forma dun asesoramento integral desde a concepción estratéxica do que queres conseguir até a concreción técnica do derradeiro detalle, e mesmo ayudarche de maneira permanente na súa xestión. Non che ofrecemos facerche unha páxina (sic) web, senón acompañarte en todo o proceso desde a idea até a posta en práctica en Internet, axudándote a levar a cabo todos os pasos nunha estratexia coherente cos teus obxectivos, valores e posibilidades.
Se es un(ha) particular ou sodes unha entidade non lucrativa, estaremos encantados de axudarte/axudarvos con todo o que sabemos facer, sobre todo se os vosos obxectivos ou áreas de actuación son similares aos nosos: sustentabilidade, relación entre a tecnoloxía e a cidadanía, cultura…