Acerca de Touda e os seus servizos

Áreas de actuación

A nosa asociación nace en 2011 para desenvolver labores en diversas áreas xeográficas, principalmente en Galiza e Euskadi. Iremos resumindo as nosas actividades agrupadas por temas nas siguientes páxinas deste blog:


Financiamos algúns dos nosos proxectos e actividades non lucrativas principalmente mediante a realización doutras actividades nestas mesmas áreas de traballo para outras organizacións e incluso particulares. Polo tanto, contratando os nosos servizos, contribúes directamente aos nosos fins.

Servizos

Os servizos que ofrecemos inclúen, entroutros:

  • Asesoramento integral para proxectos e iniciativas en Internet.
  • Plans de estratexia online. Deseño e xestión de campañas de promoción e fidelización en Internet, incluíndo entroutras, marketing e publicidade online, boletíns electrónicos, redes sociais, etc.
  • Xestión de redes sociais online para entidades non lucrativas (community managing).
  • Auditorías técnicas e estratéxicas para a mellora de sitios web.
  • Apoio a todo tipo de labores en Internet para ONGs e movementos sociais.
  • Creación e mellora de sitios web, tanto en formatos estáticos (HTML) como dinámicos (CMSs). Optimización de sitios web para buscadores (SEO).
  • Aloxamento de sitios web (hosting). Rexistro e xestión de nomes de dominio.
  • Analítica web: seguimento e extracción de datos mediante Google Analitycs e outras ferramentas.
  • Asesoramento para o deseño de moedas complementarias/locais/sociais/alternativas e sistemas LETS.
  • Asesoramento para a posta en marcha de campañas de micromecenado (crowdfunding), así como a xestión e difusión das mesmas.
  • LegadoWeb: Conservación sine die de contidos web abandonados pero de interese social ou cultural.

Contacto

Se queres contactar connosco escríbenos a oficina EN asociacion-touda PUNTO org.

Tamén nos podes seguir en Mastodon, en Twitter e en Facebook.