Dando cumprimento á solicitude da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo vimos de converter o blog da Guía para o descenso enerxético, o famoso libro publicado por esta asociación irmá, nunha copia estática para o seu arquivo histórico dentro do noso servizo LegadoWeb. Así pois, desde agora os contidos deste web, incluíndo a versión en PDF gratuita deste libro (que tamén distribuímos desde a nosa tenda online nas súas versións impresas tanto o orixinal en galego coma a súa posterior tradución actualizada ao castelán), estarán dentro deste web que a nosa asociación vén ofrecendo desde hai máis dunha década para que non se perdan contidos de interese xerados polo Terceiro Sector ou por iniciativas culturais e activistas.
O web da «Guía para o descenso enerxético» incorpórase a LegadoWeb
