Desde hoxe os custos de envío dos nosos produtos están actualizados conforme as tarifas vixentes no servizo español de Correos en 2019. Até o de agora viñamos aplicando unhas tarifas antigas e que non discriminaban entre localidades de destino pequenas ou grandes. Porén, desde hai uns poucos anos, Correos aplica unhas tarifas discriminatorias (nos envíos dentro do territorio español), que supoñen un custo adicional para aquelas persoas que residen en localidades de menos de 50.000 habitantes, algo que non nos cansamos de denunciar desde a nosa asociación.
Aínda así non tenemos outro remedio, para non perdermos cartos cos envíos, que actualizar estas tarifas. Ademais, dada a dificuldade de calcular o custo en función da poboación na nosa tenda online, vémonos na obriga de aplicarmos as tarifas máis caras a todos os usuarios por igual (a chamada Tarifa B, para poboacións de menos de 50.000 habitantes). Lamentamos moito este aumento de custos.
Animámoste a expresares a túa queixa ante esta discriminación que dificulta a distribución de cultura no medio rural e que privilexia as grandes cidades fronte ás máis pequenas e sostibles, e fronte ás poboacións rurais. Denúnciao nas redes sociais online e reclama diante de Correos. Queremos tarifas que non discriminen!
PS: Adicionalmente incorporamos un custo fixo adicional por pedido de 1,00 € en concepto de xestión do envío, embalaxes e transporte até a oficina de Correos.