O libro de Manuel Casal que coeditáramos a finais de 2015 coa Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo, por fin ve a luz en formato dixital gratuíto. Desde hoxe está dispoñible en formato PDF na sección de descargas da revista 15/15\15, editada desde o noso novo proxecto, o Instituto Resiliencia.
Lembramos que existe tamén unha edición máis recente, revisada e ampliada, en castelán, que aínda se pode conseguir impresa tanto na nosa tenda online como en calquera libraría española ou por medio da editorial La Oveja Roja.